Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

- --
 Padriños
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

CONSELLOS PARA IDENTIFICAR FAUNA:

Son da Vella non pretende ser unha guía definitiva para a identificación da fauna, se non un punto de partida de fácil compresión para comezar un coñecemento das animais e suas relacions co medio no que habitan. Desde a nosa humilde posición so pretendemos facilitar con esta web a comprensión do habitat no que vives.

 

O mellor momento para identificar os animais é durante a primavera e o verán, xa que moitos deles so aparecen´ou se deixan ver durante estas estacións.

Tamén darnos conta do ciclo ó longo do ano dun animal nos pode axudar ó seu recoñecemento.

Fixaremonos sempre nos máis elementos posibles, dende as cores ata as formas de cabeza, tronco, patas....

Podemos usar fotos e videos para recordalas pero na sua observación ter sempre isto presente:

  • Conven non influir nin relacionarse directamente cos animais silvestres xa que acostumalos a interacion cos humanos os poñen en peligro.
  • Sempre recordar que é máis importante a tranquilidade do animal que a sua identificación. Hoxe en día, cos medios dixitais dispoñibles poderemos observalos coa interación mínima..
  • Ante a duda dos puntos anteriores sempre deixalo animal tranquilo.

.

Pasamos a dar algunhas claves que usamos en na web para a clasificación da fauna:

 

En Son da Vella clasificamos a Fauna en diferentes tipos:

Mamíferos
Aves
Anfibios
Réptiles
Peixes
Moluscos
Insectos
Arácnidos
Miriápodos
Un grupo numeroso parecido os insectos pero con rasgos diferenciadores. Todos son terrestres e poseen un gran numero de patas.
Crustáceos
Clase de artrópodos que se caracterizan por ter o corpo cuberto dunha especie de coiraza, por non teren a cabeza diferenciada do tórax, por estaren provistos de dous pares de antenas e por teren, na maioría dos casos, cinco pares de patas.

 

En Son da Vella clasificamos os Habitats nos seguintes grupos:

Bosques
Fauna que habita en zonas de arboredo onde a masa forestal de árbore é continua
Montes
A fauna de zonas altas de montaña onde as árbores non están presentes de forma homoxénea, onde abondan máis os arbustos e onde o clima é máis duro tanto no inverno coma no verán.
Pastos
Fauna que atopamos en zonas onde predominan as gramíneas e onde as árbores e os arbustos son máis escasos. Normalmente os pastos actuais son por intervención humana, que fai grandes superficies para o pastoreo dos animais domésticos.
Brañas
Fauna de zonas de charcos e lagos perpetuos ou case (dependendo da seca dos veráns). Viven en zonas con condicións moi húmidas, cerca de ríos, lagos, regatos,… Isto crea características especiais para moitos seres vivos.
Infértiles
Aquí entraría a fauna que habita en bordos de estradas, descampados de xabre, zonas abandonadas onde a vexetación é escasa. Na maior parte dos casos ten moito que ver a intervención humana. Pero tamén son zonas que van evolucionando por interacción das plantas cara outro hábitat dos aquí descritos.
Dunas
A fauna das zonas próximas á costa onde a area e outros elementos crean espazos semidesérticos que aproveitan plantas moi específicas destes hábitats.
Acuático doce
A fauna do interior dos ríos, regatos, lagos.. de auga doce.
Acuático salgado
A fauna do interior do mar, océanos ou rías... de auga salgada.
Doméstico
A fauna domesticada.

 

En Son da Vella clasificamos as cores nos seguintes tipos:

A hora das clasificación por cores ter en conta que a variabilidad cromática no mundo natural e case indefinida. Son tantos as cores diferentes con que nomear cada variación que non nos queda máis remedio que facer unha agrupación cromática.

- Agrupamos varias cores pareciadas cun so nome:

Violeta
Morado, purpura, lila
Vermello
Granate
Verde
Verde mar
Rosa
Fucsia, maxenta
Negro
Brillo e mate
Marrón
Pardo, castaño
Laranxa
Ambar, mostaza
Gris
Prata, metalizada
Branco
Crema
Azul
Cyan, azul mariño, azul celeste
Amarelo
Dorada

 

 

 

Pouco a pouco a medida que crezca o catalogo incorporaremos máis precisions á hora de clasificar a Fauna. Máis o obxetivo de e ser un punto de partida para calquera aficionado ou estudoso para coñecer o mundo máis cercano que nos rodea. Sempre recomendamos o uso de outros manuais, videos e calquera material que nos complemente as nosas investigacions.

 

Sorte nas vosas identificacións.

 

 

 

 

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Netorra


Fotos destacadas
legumia migratoria



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
Descobre de que facían as bruxas a suas basoiras

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)