Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

CONSELLOS PARA IDENTIFICAR FLORA:

 

O mellor momento para identificar as plantas é cando aparecen a súas flores. Non tódalas plantas teñen flores, pero é un grupo moi abundante e, á hora de coñecer o mundo vexetal, son as primeiras e máis fáciles de identificar.

Tamén darse conta do ciclo dunha planta ó longo do ano nos pode axudar ó seu recoñecemento.

Fixarémonos sempre nos máis elementos posibles, dende as cores ata as formas de ramas, follas, raíces ...

Podemos usar fotos e vídeos para recordalas pero, no caso de apañalas, tede sempre isto presente:

  • As plantas en risco ambiental non debemos recollelas, só nos limitaremos a observalas e fotografalas.
  • Sempre deixar máis da metade da planta apañada.
  • Danar o menos posible a planta, recortando a parte recollida con tesoiras ou outra ferramente ben afiada e limpa para contaminar o menos posible as zonas de corte.
  • Ante a dúbida dos puntos anteriores sempre deixar a planta intacta.

Pasamos a dar algunhas claves que usamos na web para a clasificación das prantas:

 

En Son da Vella clasificamos a Flora en diferentes tipos:

Árbores
Calquera planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura.
Arbustos
Pequenas árbores ou plantas leñosas.
Plantas
Organismo vivo do reino vexetal con raíz, talo, follas etc., en particular, os que non teñen ramas leñosas.
Gramíneas
Familia de plantas, xeralmente herbáceas, da clase das monocotiledóneas, talo en forma de cilindro, nodoso e normalmente oco, con follas longas e estreitas e flores dispostas en espigas que teñen gran seco.
Fentos
Son plantas máis básicas e primitivas, das que existen distintas especies pertencentes a unha mesma clase, caracterizada por ter follas longas e segmentadas, carecer de flores, ter xeralmente o talo subterráneo e ser propia de lugares húmidos e frescos.
Musgos
Vexetación formada por plantas da división das briófitas de ata uns cinco centímetros de altura, que cobre como unha capa os lugares nos que hai humidade, en particular as pedras e as cascas das árbores.
Algas
Ser vivo unicelular ou pluricelular, tradicionalmente incluído dentro do reino vexetal e hoxe considerado como constituínte, xunto cos protozoos, dun reino á parte, que se caracteriza por vivir na auga, tanto doce coma salgada, e por ter clorofila.

 

En Son da Vella clasificamos os Hábitats nos seguintes grupos:

Bosques
A flora que hai en zonas de arboredo onde a masa forestal de árbore é continua.
Montes
Flora que atopamos en zonas altas de montaña onde as árbores non están presentes de forma homoxénea, onde abondan máis os arbustos e onde o clima é máis duro tanto no inverno coma no verán.
Pastos
Zonas onde predominan as gramíneas e onde as árbores e os arbustos son máis escasos. Normalmente os pastos actuais son por intervención humana, que fai grandes superficies para o pastoreo dos animais domésticos.
Brañas
Flora dos charcos e lagos perpetuos ou case (depende da seca dos veráns). Atopámola en zonas con condicións moi húmidas, cerca de ríos, lagos, regatos,… Isto crea características especiais para moitos seres vivos.
Infértiles
Flora que atopamos en bordos de estradas, descampados de xabre, zonas abandonadas onde a vexetación é escasa. Na maior parte dos casos ten moito que ver a intervención humana. Pero tamén son zonas que van evolucionando por interacción das plantas cara outro hábitat dos aquí descritos.
Dunas
A flora nas zonas próximas á costa onde a area e outros elementos crean espacios semidesérticos que aproveitan plantas moi específicas destes hábitas.
Acuático doce
A flora do interior dos ríos, regatos, lagos.. de auga doce.
Acuático salgado
A vida do interior do mar, océanos ou rías... de auga salgada.
Ornamental / produtiva
A flora plantada con motivos decorativos tanto en casas como en cidades.

 

En Son da Vella clasificamos as cores nos seguintes tipos:

Á hora da clasificación por cores hai que ter en conta que a variabilidade cromática no mundo natural é case indefinida. Son tantas as cores diferentes con que nomear cada variación que non nos queda máis remedio que facer unha agrupación cromática.

- Agrupamos varias cores parecidas cun só nome:

Violeta
Morado, púrpura, lila
Vermello
Granate
Verde
Verde mar
Rosa
Fúcsia, maxenta
Negro
Brillo e mate
Marrón
Pardo, castaño
Laranxa
Ámbar, mostaza
Gris
Prata, metalizada
Branco
Crema
Azul
Cyan, azul mariño, azul celeste
Amarelo
Dourado

 

 

 

Pouco a pouco, a medida que creza o catálogo, incorporaremos máis precisión á hora de clasificar a Flora. Mais o obxectivo é ser un punto de partida para que calquera afeccionado ou estudoso poida coñecer o mundo máis cercano que nos rodea. Sempre recomendamos o uso doutros manuais, vídeos e calquera material que complemente as nosas investigacións.

 

Sorte nas vosas identificacións.

 

 

 

 

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Barbas de Raposo


Fotos destacadas
Legumia migratoria



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
¿Que pranta é indespensable na Festa de Folión de fachos?

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)