Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
 Diseño de rutas
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

CONSELLOS PARA PERCORRER RUTAS:

Son da Vella non pretende ser unha guía definitiva para coñecer as rutas, senón un punto de partida de fácil comprensión para coñecer lugares a través de rutas previamente percorridas por nós, que teñen un valor engadido. Xa sexa natural ou histórico, polas súas tradicións, topónimos ou calquer elemento que os distingue e os fai únicos. Desde a nosa humilde posición só pretendemos facilitar con esta web a comprensión do hábitat no que vives.

 

Pasamos a dar algunhas claves que usamos na web para a clasificación das rutas:

 

 

En Son da Vella etiquetamos as rutas da seguinte maneira:

Posguerra
Bosque autóctono
Pobo abandonado
Praia fluvial
Muíño
Fervenza
Cazoletas
Cova
Santuario pagán
Ponte medieval
Santa Mariña
Presa
Ponte antiga
Convento
Praza
Balneario abandonado
Ponte colgante
Bosque sequoias
Rocha singular
Nacemento auga
Carballeira
Campo da festa
Basílica
Zona de baño
Petróglifos
Canle antiga
Reitoral
Cemiterio
Miradoiro
Parque infantil
Ãrea recreativa
Parque eólico
Estación eólica
Mámoas
Capela
Ara solis
Marco divisorio
Parroquia
Lavadoiro
Reloxo de sol
Peto de ánimas
Cruceiro
Ãrbore centenaria
Fonte
Casa do pobo
Ruínas de torre
Palco antigo
Santa Lucía
Camiño antigo
Sifóns
Pasos do río
Campo de fútbol
Castro
Cemiterio de animais
Depósito da igrexa
Portazgo
Capela en ruínas
Praia
Treito do río
Caras esculpidas na rocha
Canteira tradicional
Esculturas
Ponte moderna
Ruínas de castelo
Foxo do lobo
Túneis
Marismas
Xunqueiras
Observar aves
Ermida
Romaría
Abrigos
Neveira antiga
Alvariza
Mosteiro
Igrexa
Ponte de madeira
Reconstrución histórica
Brañas
Salinas
ZEC
LIC
Ruinas de igrexa

 

Cada ruta pode ter varias etiquetas que a identifiquen, dando características propias dos lugares. Exemplo: Ponte antiga, Ponte medieval (non quere dicir que existan dúas pontes senón que pode ser tanto medieval como antiga).

 

 

En Son da Vella clasificamos os Hábitats nos seguintes grupos:

Bosques
As zonas onde a masa forestal arbórea é continua.
Montes
As zonas altas de montaña onde as árbores non están presentes de forma homoxénea, onde abundan máis os arbustos e onde o clima é máis duro tanto no inverno coma no verán.
Pastos
Zonas onde predominan as gramíneas e onde as árbores e os arbustos son máis escasos. Normalmente os pastos actuais son por intervención humana, que fai grandes superficies para o pastoreo dos animais domésticos.
Brañas
Zonas de charcos e lagos perpetuos ou case (depende da seca dos veráns), xunqueiras e zonas con condicións moi húmidas cerca de ríos ou lagos, regatos... As condicións de alta humidade crea características especiais para moitos seres vivos.
Infértiles
Aquí entrarían bordos de estradas, descampados de xabre, zonas abandonadas onde a vexetación é escasa. Na maior parte dos casos ten moito que ver a intervención humana. Pero tamén son zonas que van evolucionando por interacción das plantas cara outro hábitat dos aquí descritos.
Dunas
Zonas próximas á costa onde a area e outros elementos crean espacios semidesérticos.
Acuático doce
Presencia de ríos, regatos, lagos.. de auga doce.
Acuático salgado
Zonas de mar, océanos ou rías... de auga salgada.
Urbano
Zonas urbanas ou semellantes onde a intervención humana é evidente.

 

Nas rutas incorporamos o apartado INDICACIÓNS IMPORTANTES para explicar a mellor maneira de acceder, algún equipamento recomendable, a mellor época para facer a ruta ...

Procuramos que nos lugares que necesiten unha recomendación clave para o seu acceso cubrila o máis completa posible.

Pouco a pouco, a medida que creza o catálogo, incorporaremos máis rutas e mellor clasificadas. Mais o obxectivo é ser un punto de partida para calquera afeccionado ou estudoso que queira coñecer o mundo máis cercano que o rodea. Sempre recomendamos o uso doutros manuais, vídeos e calquera material que complemente as nosas investigacións.

 

Gozade das vosas visitas.

 

 

 

 

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Ponte románica de Almofrei


Fotos destacadas
Chasco común



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
Descobre de que facían as bruxas a suas basoiras

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)

    O EQUIPO DE SON DA VELLA