Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
NOMES NOUTROS IDIOMAS:
Catalán: Blavet, Cualbra, llora aspra, Puagra llora. Euskera: Gibelurdin, gibelurdina, urretx-gibelurdina, Urretxa, Urretz, Urritx, Urritz, urritza. Inglés: Blue and Yellow Russula. Alemán: Frauen-Täubling, Violettgrüner Frauentäubling. Francés: Char
DESCRICIÓN:
Láminas grosas, estreitas, moi mantecosas, cun reflexo azulado, ó principio doces, lentamente picantes ó cabo dun minuto.
Pé esponxoso, de cor branca, ás veces cun ton violáceo diluído.
Carne dura, con tendencia grumosa, de cor branca inmutable inda que pode mostrar (en horas) un lixeiro e lento agrisado, de cheiro nulo e sabor doce (ó comezo), logo lentamente desagradable e lixeiramente picante.
Esporada de cor branca.
FRECUENCIA: Moi común
COMESTIBLE: Excelente comestible
TIPOS DE HÁBITAT:
Bosques de carballos e castiros.
VARIEDADES:
É unha russula que aparece con moitas variedades cromáticas, o que pode levar a confusión.
CONFUSIÓNS:
A súas variedades máis verdes semellan a Amanita phalloides, cogomelo que causa a morte.
INTOXICACIÓN:
Posúe un azucre (trehalosa) que pode causar trastornos gastrointestinais naquelas persoas que teñan insuficiencia á enzima trehalasa.