Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
ELEMENTOS IMPORTANTES:
Balneario abandonado Foxo do lobo Ruínas de castelo
HÁBITATS:
Bosques Brañas Acuático doce
INDICACIÓNS IMPORTANTES:
Encóntrase na marxe sur do Lérez, no paseo que a recorre.
Trátase das ruínas dun luxoso hotel-balneario construído no ano 1906 por Casimiro Gómez, emigrante que volveu da Arxentina cunha grande fortuna.
Consérvase parte do edificio cunha fonte de augas medicinais no interior. Do conxunto orixinal temos as fotos históricas que nos mostran o gran complexo de 80 hectáreas que a principios do século XX era moi coñecido e visitado. Personaxes como o Marqués de Riestra, Montero Ríos, Cobián Roffignac elixían este emprazamento como punto de encontro.
As augas do Lérez embotelláronse e comercializáronse incluso no estranxeiro, pero a I Guerra Mundial freou o seu espallamento e acabou desaparecendo na Guerra Civil Española.
Casimiro Gómez Cobas
Entre a pel e a auga: a vida dun home de negocios:
https://emigracion.xunta.gal/conecendo-galicia/aprende/biografia/casimiro-gomez-cobas