X

Escolle as opcións desexadas:

Datos básicos:
Mapa:
Descrición:
Lugares relacionados:
Galería:
Variedades:
Historias:
Multimedias:
Outros datos:


Tamaño:

Ancho:

100% (Adaptable)
400 px (Mínimo aconsellable:)
800 px (Máximo para móbiles:)
px (Personalizado)

Alto:

800 px (Grande)
500 px (Mediano)
300 px (Pequeno)
px (Personalizado)

Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Ruta ó Carbadoiro pola Carboeira

Incluir nunha web

Provincia: Pontevedra

Concello: Cerdedo-Cotobade


HÁBITATS EXISTENTES:

Montes Acuático doce


ELEMENTOS IMPORTANTES:

Cazoletas Rocha singular Cruceiro Canteira tradicional Caras esculpidas na rocha Miradoiro


NIVEIS DE ELEVACIÓN:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Máx: 467 m Mín: 306 m Distancia: 5.867 m

INDICACIÓNS IMPORTANTES:

É ruta para facer a pé, de dificultade media e sen riscos significativos. Algúns tramos son por camiños con pequenos toxos.
Tempo aproximado sen paradas: 2 horas .

DESCRICIÓN DA RUTA:

Nesta ruta trátase de mostrar varios elementos destacados da contorna de Borela e A Xesteira, principalmente O Carbadoiro, un complexo moi interesante e ralacionado con lendas e tradicións.

Iniciarémos o percorrido dende a praia fluvial de A Xesteira, que será tamén o final da ruta. O roteiro sobe por un lado da montaña e baixa polo outro, o que nos dá unha panorámica do concello de Cerdedo-Cotobade.

Pasaremos por canteiras tradicionais, por outeiros moi singulares e acadaremos o noso obxetivo: O Carbadoiro. Este punto é un dos que máis tempo nos levará observar, xa que a multitude de elementos destacables convérteno nun sitio "máxico" e cheo de connotacións míticas.

Despois quédanos a volta pola pista principal e cruzaremos A Xesteira para rematar na praia fluvial onde comezamos. 

HISTORIAS DOS LUGARES:

A VEIGA DA VELLA

106. TANORIO.- Ó Outeiro do Êrvado ivamor'moito, subiamos a él pola veiga da velha, assí por umha laje, e dend'arriba vía-se todo minado, entrávamos cunha casca d'alcolito acesa e dizíam que aquelo iva a salir ó Coto da Torre (cimeira do monte Castelo), pero polo caminho podía-se topar unha velha que levava unha fouce numha man e um munico (tipo de cesto) cheo d'espigar'd'ouro debaixo do braço. Cando no inverno vinha um día assí moi bô de sol, dizíam qu'a velha salía do Outeiro e punha as espigas a assolhar pola veiga adiante - daí lhe quedou o de Veiga da Velha.

Sería todo um conto, pero algo de verdá hai-cha- poqu'esso vi-no eu(e); polo Coto da Torre adiante vem-se polrons espetádor'nas pedras, senhal qu'alí houvo portas. Tamén ali hai un outeiro que tem marcada.las.ferradurar'do cavalo do Apóstol Santiago, unha marca do lado de Tenorio e outra do lado de Rebordelo, que foi onde o cavalo pulou pa Tenorio cando era da guerra dor'franceses.

REFERENCIAS: Materiais de literatura oral da Terra de Cotobade. pxna93. Ramiro Barros Justo.

O FATO DO COXO

130.BORELA- Eu môitor'lobos tenho visto andando de guarda-montes. Houvo aquí uns anos qu'êster' montes eram un ince, sobretodo a partir do corenta e nove; tanto foi assí qu'hasta nom deixabam i-lo-rapazes c'o gando. O lobo é raro qu'ande solo, normalmente andam a seis ou a cinco juntos, tampouco máis. Eu daquela andava sempre c'o cam e mais co'a escopeta cargada, e nom lhe tinha medo. E mira que tenho tropezado vezes co'eles, pero nunca me passou o qu' me passou c'o Fato doCoxo; êsser'forom os únicos, esses si que ma jogárom, esso qu'eram solo tres. Pugéram-lh'o Fato do Coxo porque ó mair'grande deles-ó guefe- faltava-lhe média pata d'atras- digo eu que seria dum garamelo; e aínda coxo e todo, eu nom vim cousa igual. Eu daquela tinha un cam bárbaro- o cachelo; certava moi bem dos rastros, movía rabo distintos'era rastro de cöelho ou de lebre.; e unha vez no Coto do Masside topou um rastro-era já contra a noitinha- e meteu-se antr'unhas urzes, pero ó pouco sinto-o berrar(e)-gau,gau,gau!- e ja miro ó coxo e ós outôr'dous a correr contra os pedrinhos, e pobre do cam saleu com média perna colgado e non me quedou outra que lhe meter un tiro- moito pesar me quedara por aquel animalinho. 

Pero esa non foi nada: doutra vez nos Currás sinto unha mulher a botar a de Dios- eu estaba no Regueiro, e ò pouco ja vejo a dôur'lobos a escapar cunha ovelha arrasto-eram êster'demónios, pero cando lhe tratei de disparar(e), escoitei reganhar detrár' minha. E quém era?; era-ch'o cabrom do Coxo, alí subido num outeiro(penedo), e eu me cago em diós, parecia que se botava po'riba minha- era grande com'um carneiro- e pumba! -disparei-lhe, pero aquel caralho já desapareceu antr'as penas- sabía el o demo!; que susto me meteu o condenado. E foi assí, cando volvím mirar pós outros, já tamém desaparecêram da vista. Pois esto éra-che todo que já me conocíam, sabíam qu'eu era o único qu'andava d'escopeta no monte, e o cabróm do coxo mandou ós outros pola ovelha mênter'me viguilava a min(he); mira ti se sabía!

Pois esses trêr'nom sei o tempo que botárom por êster'montes, pero foi moito o estrago que figérom; eram conocidos por tóda-las-parróquias; e sempre ch'era o mesmo proceder, primeiro iva o Coxo diante-chama-la-atencióm-e despois aparecíam os ôutror'dous polo sitio contrario, e assí nom havía maneira. Inda algunha vez máis tropecei co'eles, e a gente vínha-me contar(e). Dunha vez hasta me dixera o Canducho- andava el no monte a facer pedra-que or' mirara pasar òs três-mirara-or'de longe-e qu'ivam c'um potro no medio deles, qu'o levavam como quem leva unha ovelha de paseo; e esso foi qu'o apartaran da nai, e íva-no guiando pa um regueiro ou pa calquera fochanca onde come-lo tranquilos; por esso che digo, qu'eram agudos coma personas. Eu estando na cama tenho sentido ouvear um lobo no Pedraço (monte sobre o quinteiro de arriba) e da banda do Castelo- do Crevadoiro- respondían-lhe outrôr'dous: aquelo punha os pelor' de punta; éra-che o Coxo que lhe falava os companheiros, já prepravan algunha pó outro día. Daquela inda se matabam bem lobos pero o caralho do Fato do Coxo nom havía maneira.

REFERENCIAS: MATERIAIS DE LITERATURA ORAL DA TERRA DE COTOBADE. Pxna.124.

OS TUNELES DOS MOUROS

103.TANORIO- Hai moitos anos en Cotobade o noso concello estaba en guerra. Na parroquia de Tanorio hai unha Cova na que se agochaban os mouros para non ser asesinados. Din que dentro da cova hai restos de vaixela antiga. Seica houbo veciños que deron con ela. Un deles cando entrou atopou pertenzas dos mouros. Outro entrou e descubriu que había moitas galerías similares unhas a outras, e cando o home quixo saír non era quen de atopar a saída, entón chamou polo seu can que o guiou para saír de alí.  Recollido por Tania Rodríguez Fernández.

REFERENCIAS: Materiais de literatura oral da Terra de Cotobade. pxna 91. Ramiro Barros Justo.

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Barbas de Raposo


Fotos destacadas
Garzota



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
¿Que pranta é indespensable na Festa de Folión de fachos?

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)