Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Parroquia: Pontevedra-Monteporreiro-Mourente-Bora
ELEMENTOS IMPORTANTES:
Muíño Praia fluvial Presa Bosque autóctono Praia fluvial
HÁBITATS:
Bosques Brañas Acuático doce Urbano
NIVEIS DE ELEVACIÓN:
INDICACIÓNS IMPORTANTES:
Ruta sen dificultade. Apta para bicicletas e nenos.
Sen inclinación e por un paseo con mantemento habitual.
Trátase dunha ruta que parte da praia fluvial de Pontevedra e discorre por unha vía en moi bo estado e apta para bicicletas.
Unha vez partimos da praia ímonos internando pouco a pouco no Bosque do Lérez. As árbores e prantas dunha exuberancia tropical avísannos da humidade do entorno. Pasaremos polo antigo balneario de Pontevedra e pola presa de Monteporreiro ao seguir o vial asfaltado pero a partires de aquí o percorrido discorre por un camiño de terra en bo estado.
A medida que ascendemos o Lérez internámonos máis nun ambiente moi natural e pouco humanizado que nos depara zonas fotoxénicas moi singulares.
Pasaremos por diante de Pena Moura e alcanzaremos o Muíño da Rodabouxa, un exemplo da arquitectura dos nosos ríos.
A ruta finaliza no embalse de Bora e desde aquí podemos dar a volta ou enlazar con outros roteiros da zona.
Destacamos a variedade na vexetación, así como as rutas no outono cheas de colorido e de moitas variedades de fungos.