DESCRICIÓN:
Trátase dunha cova granítica. A súa fachada oeste ten unha cara debuxada, onde se aproveitou a forma da rochas con poucos toques a man (a boca e o casco).
Ó interior da cova accédese por unha rampla que nos leva a un habitáculo de 10 metros cadrados. Alí o granito presenta fonduras no teito de formas moi particulares (degradación natural). Desde a cova temos un acceso exterior a unha pequena terraza que cae nun precipicio de máis de 5 metros de altura.
No exterior vemos uns chanzos "arranxados pola man" que nos permiten acceder á parte máis alta enriba da cova onde unhas cazoletas que parecen retocadas nos confirman que o sitio é único e moi interesante.
Recomendamos a visita ó lugar, nunha zona de lendas e tradicións onde observamos aínda certos cultos activos.