Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Neste vídeo, observamos unha raíña de avespa asiática (Vespa velutina) a mediados de marzo, que posiblemente acaba de saír da diapausa (estado de hibernación dos insectos) e se pon a construír o niño primario. Este receptáculo semiesférico será o fogar inicial da colonia, do que se trasladarán en canto a colmea creza o suficiente.
...Neste vídeo, observamos a loita de dous cisnes, probablemente por motivos de apareamento. Nesta loita sen cuartel, golpean e amarran as plumas utilizando tódolos seus recursos.
Estas imaxes foron captadas nas Salinas de Ulló, en Vilaboa (Pontevedra), onde estas disputas son bastante frecuentes durante a época de emparellamento destas aves.
...O vídeo comeza co encontro dunha parella de lavancos con outro macho. A tensión dispárase rapidamente e comeza unha liorta entre os dous machos, onde se cruzan golpes coas ás, cos picos e coas patas.
...Despois de numerosos avistamentos misteriosos ás portas da veiga, finalmente captamos unha imaxe clara do culpable: un teixugo (meles meles). Velaquí o vídeo gravado pola nosa cámara de vixilancia na entrada da finca onde podemos observar a curiosidade e a precaución pola cámara.
...O vídeo mostra unha gran proliferación de eirugas de Aglais io (Paxara) sobre un campo de Urtica dioica (estrugas). Pódese observar un gran número de eirugas, así como a seda protectora que cobre as plantas, xerada como protección.
...Neste vídeo podemos observar unha sambesuga recorrendo unha pedra nunha praia fluvial do río Lérez. A grabación produciuse despois de que unha persoa, que gozaba do lugar, retirara a sambesuga do seu pé, onde chuchaba o seu sangue, cunha navalla e con moito coidado. A sambesuga foi devolta ao río posteriormente sen ningún dano.
...Adéntrate no emocionante universo das formigas do xénero Messor con este vídeo fascinante. Durante aproximadamente un minuto, terás a oportunidade de observar a actividade fervente ao redor da entrada do formigueiro. As guerreiras manteñen unha vixilancia constante, mentres que as obreiras traballan arduamente, entrando con alimentos e saíndo con residuos. Trátase dunha coreografía perfectamente orquestrada de traballo en equipo e de cooperación onde cada membro xoga un papel crucial para o benestar do formigueiro.
...Un vídeo do Moucho (Athene noctua) nun pousadoiro mentres busca novas presas.
...Neste vídeo, capturamos o momento no que unha colmea de abellas (Apis mellifera) se ve ameazada polo ataque das avespas asiáticas (Vespa velutina).
As abellas atópanse nunhas circunstancias excepcionais, probablemente debido a algún problema co seu fogar, o que levou á raíña a abandonar a colmea. Neste proceso, percorreron diferentes lugares ata atopar un emprazamento temporal adecuado para toda a comunidade. Este momento máis vulnerable da colmea é aproveitado polas velutinas para capturar as abellas, que serán usadas como alimento principalmente para as larvas das futuras avespas. A súa técnica de caza consiste en permanecer nos arredores capturando as abellas que saen ou que chegan, evitando...
Nestas imaxes captadas na copa dun piñeiro, somos testemuñas do enfrontamento entre o miñato (Buteo buteo) e un intrépido gaio (Garrulus glandarius). O miñato, na súa busca dun lugar tranquilo na árbore, é sorprendido polo ataque decidido do gaio, que non está disposto a compartir o seu territorio. Finalmente, o gaio consegue expulsar ao miñato do seu dominio, deixando claro quen é o rei da zona.
...Neste vídeo podemos observar 4 escenas de apareamento de bolboretas. Cada unha delas mostra unha especie e circunstancias diferentes.
Primeiro, veremos a Pieris napi tranquilamente pousadas e sen problemas.
Posteriormente, as Lycaena tityrus parece que elixiran un mal lugar e non acaban de acomodarse.
De terceiro, as Melitaea deione teñen que compensar o vento co movemento das súas ás para poder manter a posición.
E por último, veremos ás Hipparchia stalinus, que serán acosadas por un terceiro individuo da mesma especie.
Neste vídeo podemos observar varios exemplares novos de gaivota patiamarela (Larus michahellis) comendo estrela de mar, concretamente Gradicela de espiños (Marthasterias glacialis). O vídeo foi gravado na ermida de Nosa Señora da Lanzada.
...Embárcate no fascinante mundo da araña Synema globosum a través deste intrigante vídeo que documenta a súa intensa loita territorial. Observa como estas arañas despregan estratexias sorprendentes para asegurar o seu espazo e os seus recursos na natureza. Desde elaboradas danzas ata enfrontamentos intrépidos, o vídeo revela a complexidade da competencia entre estes arácnidos. Descobre como a loita polo territorio se converte nun espectáculo impresionante de habilidades e tácticas evolutivas.
...