Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Neste vídeo podemos observar 4 escenas de apareamento de bolboretas. Cada unha delas mostra unha especie e circunstancias diferentes.
Primeiro, veremos a Pieris napi tranquilamente pousadas e sen problemas.
Posteriormente, as Lycaena tityrus parece que elixiran un mal lugar e non acaban de acomodarse.
De terceiro, as Melitaea deione teñen que compensar o vento co movemento das súas ás para poder manter a posición.
E por último, veremos ás Hipparchia stalinus, que serán acosadas por un terceiro individuo da mesma especie.