Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Pastos Brañas Infértiles
CORES: Branco, negro.
NÚMERO DE PATAS: 6
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: green-veined white.Francés: Piéride de la rave. Catalán: Blanqueta perfumada.
A Pieris napi é unha bolboreta de tamaño mediano-pequeno, cun anverso branco con manchas negras e cun reverso branco-verdoso con nervios. Presenta dimorfismo sexual. O anverso das ás anteriores dos machos é branco coa costa agrisada e cunha mancha apical gris, mentres que as das femias teñen manchas de maior extensión.
O seu epíteto xenérico fai referencia a Pieria, lugar da mitoloxía grega, e o específico fai referencia ao nabo ou colza.
Atópase en zonas húmidas con moitas flores, nas marxes de bosques e en bosques de ribeira.
Distribúese por África, Europa, Rusia occidental, Asia Menor e Central, pola baía de Bengala e polo arquipélago xaponés. Moi abondosa en Galicia.
As eirugas aliméntanse de plantas crucíferas como colza, nabizas, saramago, mostaza, entre outras moitas.
Realiza pequenas migracións en busca de zonas floridas e é común en áreas húmidas.
É unha especie trivoltina, con tres xeracións ao ano. As femias realizan a posta de ovos en follas e talos das plantas nutricias.
Presenta un notable polimorfismo entre xeracións e individuos.