Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Infértiles
COR DA FLOR: Amarelo
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 4
NÚMERO DE SÉPALOS: 4
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que encontramos dispersa por toda Galicia, como arvense (que medra nos cultivos) ou ruderal (terreos alterados, baldíos ou beiras de camiños).
Coma todas as crucíferas ou brasicáceas ten 4 pétalos, estes de cor amarela.
É parecida á mostarda branca (Sinapis alba L.) que tamén pode atoparse en Galicia. Para diferencialas hai que fixarse nas silicuas (froitos), en Sinapis arvensis L. o rostro (o pico, parte superior do froito) é cilíndrico e máis curto que a porción valvar, mentres que en Sinapis arvensis L. está fortemente comprimido (case plano) e é do mesmo tamaño ou máis longo que a porción valvar.
Sinapis: do grego σῐνᾱπι synapi (mostaza), aínda que o nome ten orixe exipcia ou india.
Arvensis: de Arvum, en latín campo, terra cultivable, en referencia ao seu medio de crecemento, en terreos cultivados.