Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Neste vídeo, capturamos o momento no que unha colmea de abellas (Apis mellifera) se ve ameazada polo ataque das avespas asiáticas (Vespa velutina).
As abellas atópanse nunhas circunstancias excepcionais, probablemente debido a algún problema co seu fogar, o que levou á raíña a abandonar a colmea. Neste proceso, percorreron diferentes lugares ata atopar un emprazamento temporal adecuado para toda a comunidade. Este momento máis vulnerable da colmea é aproveitado polas velutinas para capturar as abellas, que serán usadas como alimento principalmente para as larvas das futuras avespas. A súa técnica de caza consiste en permanecer nos arredores capturando as abellas que saen ou que chegan, evitando o ataque directo.
Neste contexto, tamén se producen enfrontamentos entre diferentes colmeas de avespas asiáticas, como puidemos observar no lugar. Este vídeo ofrece unha visión cada vez máis común da loita pola supervivencia das abellas, que están a ser insistentemente acosadas polas velutinas, poñendo en risco as súas poboacións tanto silvestres como domésticas.
Comparte este vídeo para concienciar sobre a importancia de protexer ás nosas queridas abellas e preservar o equilibrio no noso ecosistema.
Subscríbete para ver máis contido interesante sobre a natureza e o patrimonio de Galicia.