Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
    
 Acceder  -  Rexistrarse  

O BLOG DE SONDAVELLA

 

 

Bolboretas diurnas e nocturnas. Conceptos básicos.

Bolboretas diurnas e nocturnas. Conceptos básicos.

No vasto reino dos insectos, os lepidópteros son quizais os máis coñecidos, tendo en conta que é a orde máis diversa. Coñécense comunmente como bolboretas e sepáranse tradicionalmente en dous grupos: as bolboretas diúrnas e as nocturnas. Mais este sistema tampouco é efectivo xa que bolboretas da mesma familia poden ter hábitos diferentes. De feito, incluso se teñen usado os termos "bolboreta" para as diúrnas e "avelaíñas" para as nocturnas, inda que este tipo de nomeamentos son erróneos, xa que as avelaíñas, segundo a Real Academia Galega, tamén son bolboretas e podería inducir a confusión. Polo tanto, habería que dicir bolboretas diúrnas e avelaíñas para que resultara unha nomenclatura máis coherente.

Clasificar as bolboretas por ser nocturnas ou diúrnas non é moi científico, pero tendo esto presente é unha forma sinxela de entender a orde dos lepidópteros e poder identificalos máis rapidamente.

Agora pasemos a descifrar dunha maneira básica as diferenzas entre estas dúas criaturas. Desde a disposición das ás ata as preferencias alimenticias, examinaremos as súas características distintivas e o seu papel no ecosistema.

Diferencias taxonómicas na orde Lepidoptera

Aínda hai debate entre os científicos sobre cal é a mellor maneira de organizar estas criaturas, mais cando os científicos estudaban estes insectos, era común agrupar as bolboretas con hábitos diúrnos nunha categoría (suborde) chamada Rhopalocera, que inclúe diferentes familias de bolboretas. As bolboretas activas durante a noite clasificábannse no subgrupo Heterocera. Esta organización do taxón, contrasta con clasificacións máis modernas que organizan ámbolas Subordes nun só, o Glossata. A pesar disto os termos ropalóceros e  heteróceros séguese a usar actualmente, aínda cunha connotación máis lingüística que taxonómica.

 

Camuflaxe fronte a notoriedade:

 
En primeira instancia, as avelaíñas destacan pola súa mestura co medio grazas á camuflaxe, mentres que as bolboretas diúrnas optan pola estratexia oposta, exhibindo cores máis vivas  e rechamantes. Inda que isto non é un trazo definitivo, xa que podemos atopar algúns casos especiais que rompen a regra, si que é o máis habitual. No caso das avelaíñas, hai familias especializadas nisto, que conseguen mimetismos absolutos co seu medio. Por exemplo, nesta foto obsérvase un macho e unha femia de Thyatira batis copulando, perfectamente camuflados, semellando un pau de madeira cuberto de liques.

 

Posición das ás

Non obstante, a historia non se limita á coloración; tamén se conta nas posicións das súas ás. As bolboretas diúrnas, con ás en posición vertical, crean un espectáculo de cores ao repousar baixo a luz do sol, mentres que as bolboretas nocturnas, descansan coas ás en horizontal, confían na súa capacidade de pasar desapercibidas durante o día e resaltar na escuridade da noite. Esta regra ten moitas excepcións, xa que hai moitas avelaíñas que descansan en vertical.

Antenas e comportamentos diferentes

Outro aspecto distintivo recae nas súas antenas. Mentras que as bolboretas diúnas presentan antenas delgadas e con extremos en forma de gancho, as nocturnas despregan antenas máis plumosas, unha adaptación crucial para detectar feromonas no aire durante a súa busca de compañeiro/a. Esta diferenza sutil revela as complexidades dos seus comportamentos de apareamento, onde as feromonas xogan un papel esencial.

 

Hábitos nocturnos e diúrnos:

A súa actividade ao longo do día é outra fronteira que as distingue. As bolboretas diúrnas, voan elegantemente baixo a luz do sol, mentres que as nocturnas, chamadas avelaíñas, despregan as súas ás para explorar a escuridade. Nesta diversidade, ambas pertencen á familia Lepidoptera, pero as súas preferencias e hábitos varían, o que demostra que a riqueza desta familia radica na súa variabilidade. Pero neste apartado é onde se dan casos especiais como o da especie da foto. Esta avelaíña (Ethmia quadrillella) ten hábitos diúrnos, mais estaría clasificada como heterocera, é dicir nocturna. É precisamente nestes casos onde se tambalean estas clasificacións tradicionais. 

 

Ciclos de vida e alimentación

Ao considerar os seus ciclos de vida, atopamos outra capa de complexidade. Mentres que algunhas avelaíñas poden pasar meses ou anos en estado de crisálide, as bolboretas diúrnas tenden a ter ciclos de vida máis curtos. As súas preferencias alimenticias tamén difiren, as diúrnas aliméntanse principalmente de néctar de flores e as nocturnas varían, desde néctar ata materia orgánica en descomposición.

Fisionomía

As avelaíñas adoitan ter un corpo máis vistoso e forte, con moitos pelos, mentres que as bolboretas diúrnas son máis lixeiras e delicadas. Ademais, as ás das nocturnas son máis grandes e fortes. Estas diferenzas débense a que as avelaíñas están comunmente afeitas a saír de noite, o que as fai máis vulnerables ao frío e provoca cambios na súa forma para gardar a calor.

 


En resumo, inda que todas son bolboretas e non se poidan clasificar cientificamente polos hábitos, si que vemos a grandes rasgos que estos dous grupos de bolboretas teñen diferenzas sustanciais con algunhas excepcións. Pode ser que algunha bolboreta nocturna non cumpra varios dos apartados mencionados, tendo máis en común coas diúrnas, o que leva a confusión á hora de clasificala en algún dos grupos. Pero hai que lembrar que o único certo é que todos son lepidópteros e as clasificacións son para facilitar as cousas e comprendelas mellor; e esta (nocturnas e diúrnas) inda que non sexa a día de hoxe científica leva usándose séculos e fai máis sinxela a compresión dos lepidópteros.



 


CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA