Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Bosques Montes Pastos Brañas Infértiles
CORES: Laranxa, branco, negro, marrón.
NÚMERO DE PATAS: 6
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: European peacock; Francés: Paon du jour; Alemán: Tagpfauenauge.
A paxara é unha bolboreta moi vistosa, difícil de confundir no seu estado de imago. Na parte superior das súas ás ten unha cor vermella forte con ollos negro-azulados. Estes ollos sérvenlle para despistar aos depredadores. A parte de abaixo é de cor marrón case negro.
Esta especie habita en bosques, prados, pastos e xardíns, e podemos atopala desde o nivel do mar ata os 2.500 metros de altura.
A paxara está presente en Europa e Asia temperada.
As eirugas aliméntanse principalmente de ortigas. Os adultos beben néctar de diferentes plantas con flores.
O adulto hiberna oculto en edificios e árbores.
A femia pon os seus ovos a comezos da primavera nas follas das plantas hóspede. Pode poñer máis de 500 ovos. As eirugas emerxen dos ovos unha semana despois e aliméntanse das follas ata completar a súa metamorfose.
A destrución do seu hábitat natural é unha das principais ameazas para esta especie.