DESCRICIÓN:
Larva: O último estadío larval posúe unha lonxitude de entre 15 e 20 mm. O abdome varía de verde claro a gris claro, mentres que a cabeza é marrón loura. O protórax ten unha cor marrón loura na parte anterior e negra na parte posterior, coa presenza dunha fina liña branca na marxe anterior, que marca a separación entre o tórax e a cabeza. As patas torácicas poden ser marróns ou negras.
Adulto: O primeiro par de ás dos adultos machos é de cor marrón violáceo con manchas marróns escuras. Nas femias, as ás varían dun marrón claro a un marrón violáceo, con marcas reticuladas escuras. O segundo par de ás, inferior, ten unha base agrisada que se transforma nun amarelo alaranxado no extremo apical (este último é máis notorio nas femias), aínda que en algúns individuos de ambos sexos, o segundo par de ás pode presentar un ton violeta agrisado.
REPRODUCIÓN:
A femia adulta realiza a oviposición en masas de 50-100 ovos individuais sobre a superficie das follas, protexidos por unha secreción cerosa. As larvas do primeiro estadío aliméntanse das follas, mentres que as do segundo e terceiro estadío aliméntanse da superficie dos froitos, e para iso crean un refuxio con follas que queda adherido ao froito. Tamén poden facer isto en brotes en desenvolvemento. A fase de crisálide ocorre no refuxio creado coas follas.
Completa unha única xeración ao ano na maior parte das zonas onde está presente, aínda que en rexións de clima quente pode haber unha segunda xeración, que non completa o seu ciclo.