
O morcego das fragas (Barbastella barbastellus) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Vespertilionidae.
É de tamaño medio, destacan as súas orellas grandes de forma cuadrangular, unidas na fronte no seu bordo interno. O pelame é bastante escuro, entre negruzco e pardo. A femia é lixeiramente maior có macho: de 35 a 42,5 mm de tamaño e un peso entre 5,6 e 13,7 g. Este morcego emite dous tipos de sinais ultrasónicas CF-FM, curtas e moi características, con máximos de intensidade en torno 32-37 e 41-43 kHz. A súa fórmula dental é 2.1.2.3 3.1.2.3 {\displaystyle {\frac {2.1.2.3}{3.1.2.3}}} .
Está amplamente distribuído por Centroeuropa acadando o sur de Escandinavia, está presente no norte de África e na maioría das illas do Mediterráneo, , aínda que pode ser raro nestas rexións, chegando até Turquía e a península de Crimea en Ucraína. En España a maioría das observacións realizáronse na metade setentrional, áchase presente nas Illas Baleares, na illa de Mallorca e nas Canarias, nas illas de Tenerife e La Gomera.