Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
  
 Acceder  -  Rexistrarse  
DESCRICIÓN:

Animal mamífero da familia dos bóvidos. Cunha altura ata a cruz de 120-150 cm e cun peso entre 600-800 kg, segundo as razas. A súa alimentación é herbívora. O seu corpo está cuberto de pelos curtos, cunha ampla variedade cromática segundo as razas. Ó igual que os demais bóvidos é un animal rumiante.

HÁBITAT:

Animal domesticado dende fai máis de 10.000 anos.

DISTRIBUCIÓN:

É un dos animais domésticos de granxa máis común en Galicia.

ALIMENTACIÓN:

Son animais herbívoros. Cando están soltos no monte comen pastos e case calquera planta xove. Tamén as follas dalgunhas árbores.

USOS HABITUAIS:

A súa carne emprégase para o consumo alimentario. É uns dos principais animais productores de leite para consumo humano.

ENLACES:
Da Wikipedia

A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén é animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, xatos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, almallas, novelas, xovencas ou xuvencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.

Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino.

A orixe etimolóxica da palabra vaca non está clara e as hipóteses difiren moito segundo os autores. Para Roque Barcia Martí, vaca vén da voz sánscrita vapati, que significa muxir, e que no sánscrito clásico pasaría a vapati, xa co significado actual.[Cómpre referencia] A voz latina uacca proviría desa raíz sánscrita, co mesmo significado tamén. Outra hipótese supón para a voz latina unha orixe na onomatopeica bacca, que daría lugar tamén a bos, dando orixe ó seu heterónimo actual, boi. Para outros a voz latina tería a súa raíz na voz hebrea vaca ou bacar, un substantivo epiceno que significa o mesmo boi que vaca.

Texto extraído de «Vaca», Wikipedia, a enciclopedia libre (artigo; consulta 2025-12-07). Licenza CC BY-SA 4.0.

XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA:
CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA