Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
  
 Acceder  -  Rexistrarse  
DESCRICIÓN:

Animal vertebrado, mamífero da familia dos Cérvidos (Cervidae), común en Galicia.

Peso: 20-30 kg.
Lonxitude cabeza-corpo: 70 - 110 cm.
Lonxitude rabo: 10-15 cm.
Altura ata a cruz dos ombros: 75 cm.
Promedio de vida: 2-5 anos.

A súa pelaxe é de cor marrón nos adultos, pero pode variar lixeiramente ó longo do ano. As crías presentan puntos brancos no lombo que irán desaparecendo a medida que maduren.

Os machos posúen cornas que lle van crecendo dende principios de ano e coas que loitarán con outros machos na época de celo. Estas cornas hanlle de caer no inverno para ser substituídos por outros.

 

HÁBITAT:

Gosta dos bosques e dos montes, aínda que tamén se lle pode ver por pastos e espacios abertos, sobre todo na época de celo. 

DISTRIBUCIÓN:

Case todo o territorio de Galicia.

ALIMENTACIÓN:

É un ramoneador, prefire as follas dos arbustos aos pastos. A súa grande adaptabilidade pode levalo cerca de poboacións e alimentarse en granxas ou vertedoiros.

COSTUMES:

No inverno prefire o abrigo e pode xuntarse en grupos e rabaños, incluso pode achegarse a outras especies coma ovellas e cabras. A medida que chega a primavera vólvese máis gregario. 

REPRODUCIÓN:

O macho vólvese agresivo cando chega o período de celo (Abril-Agosto) e son comúns os enfrontamentos polas femias. Nesta fase a agresividade é tal que poden chegar a morrer nas loitas.

Outra característica moi distintiva é a berrea, actitude propia do macho.

En canto ás femias, destaca a implantación diferida dos óvulos, que consiste na posibilidade de fertilizar o óvulo meses despois do coito.

RISCOS:

Nalgunhas partes de Galicia a caza indiscriminada está a mermar a súa poboación.

USOS HABITUAIS:

A súa carne ten boa consideración e é un prato habitual de caza.

OUTROS DETALLES:

A diferencia dos cornos, as cornas son anuais e o material do que están feitas é menos duro e resistente que o dos cornos.

ENLACES:
Da Wikipedia
O corzo ou corza é un pequeno cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia, posuidor de galladas curtas, puntiagudas, e pelaxe avermellada no verán, e marrón-acinzentada no inverno.

cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia

O corzo ou corza (Capreolus capreolus) é un pequeno cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia, posuidor de galladas curtas, puntiagudas, e pelaxe avermellada no verán, e marrón-acinzentada no inverno.

En Europa esténdese dende a rexión occidental do continente, estando só ausente de Irlanda, o sur de Portugal, Grecia e o norte de Escandinavia cunha área de distribución que se estende ata o norte da China.

Texto extraído de «Corzo», Wikipedia, a enciclopedia libre (artigo; consulta 2025-12-07). Licenza CC BY-SA 4.0.

CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA