Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Bosques
CORES: Gris, marrón, negro, vermello.
NÚMERO DE PATAS: 6
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: light crimson underwing
Ten as ás anteriores de cor grisácea mesturadas con gris claro e gris escuro e as ás posteriores de cor vermello intenso cunha banda negra suavemente ondulada. Posúe unha envergadura de 57 a 65 mm.
Habita en bosques de carballos e prefire zonas abertas con vexetación ao redor.
A especie distribúese polo paleártico occidental, principalmente en Europa central e meridional, norte de África e Asia Menor.
As larvas aliméntanse das follas dos carballos (Quercus sp.). Aínda que son esfolladoras, xeralmente non representan un perigo grave para os carballos.
É unha especie nocturna que se alimenta durante a noite e descansa polo día en ramas ou fendas da corteza das árbores nas que se hospeda, ou entre líques. Fixa a súa ubicación nas partes altas das árbores.
Os adultos son atraídos pola luz artificial.
A fase de crisálide ocorre nun casulo de seda, entre as follas ou no tronco dunha árbore. Inverna na forma de ovo.
É unha especie monovoltina e voa de xuño a agosto, dependendo da localización. As femias poñen os ovos nas árbores nas que se hospedan e aí desenvólvense as larvas.