Caracol riscadiño
Nome científico:
Cepaea nemoralis
OUTROS NOMES:
Caracol das canas
NOME ESPAÑOL:
Caracol moro, regineta, caracol rayado
Tipo:
Moluscos
HÁBITATS:
Pastos
Brañas
Infértiles
CORES:
Marrón, negro, branco, rosa.
NÚMERO DE PATAS:
0
NOMES NOUTROS IDIOMAS:
Inglés:grove snail, brown-lipped snail or lemon snail.
Francés:L´escargot des bois. Alemán:Hain-Bänderschnecke.
DESCRICIÓN:
Cepaea nemoralis é un gasterópodo pulmonado terrestre común en Europa, incluída España. A súa cuncha ten unha altura de aproximadamente 20 mm e unha anchura duns 25 mm, con 4½ a 5½ voltas de espiral. A coloración da cuncha é variable, desde branco ata marrón escuro, con bandas escuras nalgúns casos. O bordo da abertura da cuncha adoita ser escuro.
A súa variabilidade cromática está relacionada coa camuflaxe co entorno e coa temperatura habitual do seu hábitat,
HÁBITAT:
Habita en pradeiras, sebes, bosques e xardíns.
DISTRIBUCIÓN:
Na península Ibérica vive só na metade norte. En Europa encontrámolo desde Irlanda, Escocia, o sur de Portugal ata o suroeste de Hungría e Bosnia, Italia e o noroeste de Polonia.
No leste de Europa, atópase só en áreas urbanas e probablemente foi introducido.
Tamén foi recentemente introducido en Norteamérica.
ALIMENTACIÓN:
Son herbívoros e aliméntanse principalmente de materia vexetal. Comen follas, talos e outros restos de plantas, así como cogomelos. Poden xogar un papel importante na descomposición da materia orgánica e no equilibrio do ecosistema.
REPRODUCIÓN:
Alcanzan a madurez cando a cuncha medra completamente. Reprodúcense durante a primavera e os ovos póñenos entre xuño e agosto en grupos de 30 a 50. Os exemplares novos saen despois de 3 semanas e poden vivir ata 7-8 anos.
OUTROS DETALLES:
Cepaea nemoralis é consumido en certas rexións de España, onde é recollido e incluído na gastronomía local.
As súas características e variabilidade cromática tamén foron obxecto de estudo en campos xenéticos e evolutivos.