Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Pastos Brañas Infértiles
CORES: Verde, negro, gris, branco.
NÚMERO DE PATAS: 6
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: V-pug; Alemán: V-Bindenspanner; Francés: Phalène en V.
A Chloroclystis v-ata é unha polilla da familia Geometridae. A súa envergadura é de 14-19 mm e ten as ás anteriores verdes con forma de V negra, que se pode ver tamén nas súas ás posteriores de cor grisácea-branca. A súa forma triangular de descanso fainas facilmente recoñecibles. As súas larvas son verdes con tres raias vermellas.
É unha especie común en toda a rexión paleártica, Oriente Medio e o norte de África. Ademais, está ben distribuída nas Illas Británicas, excepto no norte de Escocia.
A súa larva aliméntase das flores de diferentes tipos de plantas dos xéneros achillea, angelica, artemisia, clematis, eupatorium, ligustrum, lysimachia, lythrum, sambucus, solidago.
A Chloroclystis v-ata voa de noite e séntese atraída pola luz.
Non se considera unha especie ameazada.
Non está suxeita a ningún tipo de protección legal.
A Chloroclystis v-ata é unha especie que podemos atopar en moitos xardíns e zonas urbanas.