Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Moluscos
HÁBITATS:
NÚMERO DE PATAS: 0
Clausilia bidentata, a caracoleta de porta de dous dentes, é unha especie de caracoletas terrestres pulmonadas do xénero Clausilia, pertencente á familia Clausiliidae, todas elas con un clausilio.
Esta especie atópase comunmente debaixo da cortiza das árbores ou nas fendas das rochas. As caracoletas adoitan ser avistadas cando están máis activas, durante a noite en días chuviosos, momento no que a miúdo soben polas árbores e se alimentan de liques.
Está presente na maior parte do oeste de Europa, incluíndo a República Checa (só en Bohemia), Gran Bretaña e Irlanda.
Aliméntanse de liques e doutras epífitas que crecen nas rochas calcáreas e nas árbores.
Esta especie ten diminuído nalgunhas rexións do centro e do leste de Inglaterra debido á combinación da contaminación atmosférica coa falta natural de substrato calcáreo.