Xoaniña
Nome científico:
Coccinella septempunctata (Linnaeus, 1758)
OUTROS NOMES:
barrosiña, coccinela, maruxiña, papasol, papoia, reirrei, voaniña, voíña, xoana
NOME ESPAÑOL:
Mariquita
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Pastos
Infértiles
CORES:
Vemello, negro, branco.
NÚMERO DE PATAS:
6
DESCRICIÓN:
Insecto, coleóptero da familia dos coccinélidos cunha forma redonda e moi común nos nosos campos.
Ten a cabeza negra con manchas brancas e o resto do corpo cuberto por unhas ás de cor vermella con sete puntos negros.
Posúe dúas antenas e seis patas de cor negro.
DISTRIBUCIÓN:
Trátase dunha habitual dos campos galegos e podémola ver por todo o territorio.
ALIMENTACIÓN:
Aliméntase doutros insectos, como pulgóns e cochinillas.
REPRODUCIÓN:
Reprodúcense, polo xeral, dúas veces ó ano en postas de 400 ovos.
As larvas son pequenas de 1 mm e de cor azulada e grisácea.
USOS HABITUAIS:
Actualmente, as xoaniñas úsanse como controis de pragas na agricultura ecolóxica e debido ó seu éxito tamén na agricultura tradicional.
OUTROS DETALLES:
Poden soltar un líquido amarelo polas patas que pode repeler os seus depredadores.