Avelaíña trapecina
Nome científico:
Cosmia trapezina (Linnaeus, 1758)
NOME ESPAÑOL:
Polilla de barra parda
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Bosques
Montes
Brañas
Infértiles
CORES:
Branco, marrón, negro.
NÚMERO DE PATAS:
3
NOMES NOUTROS IDIOMAS:
Inglés: Dun-bar
DESCRICIÓN:
É unha especie moi variable, tanto no tamaño (envergadura das ás de 28 a 38 mm) como na cor. A cor de fondo das ás dianteiras varía desde beixe pálido ata marrón escuro ou avermellado, con tres bandas estreitas. A área entre as dúas bandas internas ás veces é moito máis escura que a cor de fondo circundante e está marcada con estímatas, que en ocasións non se distinguen. Ocasionalmente tamén se dan formas melánicas. As ás traseiras varían desde crema pálido ata marrón opaco. A larva é verde con liñas amarelas e manchas negras e brancas.
DISTRIBUCIÓN:
Esta especie atópase en case toda Europa. Pódese observar ata os 1600 m de altitude.
ALIMENTACIÓN:
Aliméntase de diversas plantas, principalmente árbores e arbustos, así como das larvas doutras especies de Lepidoptera, incluso ocasionalmente da súa propia especie.
COSTUMES
Voa durante a noite desde xullo ata setembro, atraída pola luz, o azucre e ás veces por flores ricas en néctar.