
O muraño común (Crocidura russula) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.
É un crocidorino de tamaño mediano e cola relativamente curta, de 30 a 40 mm, corpo de 34 a 47 mm e de 7 a 14 gramos. Os ollos son pequenos cos pavillóns auditivos ben desenvolvidos, moi visibles. O pelame varía pola idade, a época do ano e a localización xeográfica, en xeral, é gris uniforme nos xuvenís, pardo ou pardogrisaceo no verán e gris escura no inverno.
Norte de África e suroeste de Europa, dende Portugal até o río Elba, en Alemaña, norte de Suíza, Austria e sueste de Francia, a vertente norte dos Alpes é o seu límite suroriental. Atópase tamén en Gran Canaria, algunhas illas atlánticas de Francia e Gran Bretaña.
Acceder - Rexistrarse


