
O muraño xardineiro (Crocidura suaveolens) é unha especie de mamífero placentario da orde dos soricomorfos e familia dos sorícidos.
É un soricido de dentes brancos semellante ao muraño común, (Crocidura russula). Co lombo de cor acastañada, ventre agrisado ás veces amarelado, coa cola cuns característicos pelos longos. Na Europa continental e na Península Ibérica as súas dimensións medran de norte a sur. A poboación de Menorca é a de maior tamaño.
De ampla distribución no Paleártico, entre os 23º e os 56º N. Dende o sur da Península Ibérica até o Xapón, Corea e a China oriental. Presente en numerosas illas do Canle da Mancha e do mar Mediterráneo. En España localízase desde a desembocadura do río Guadalquivir, costa onubense e de Portugal, límites do norte de Cáceres e sur de Salamanca, internandose no val do Tietar, noroeste de Zamora, gran parte de Galicia, Cornixa Cantábrica, norte Burgos, Biscaia, Álava, Guipúscoa e Navarra. Na área mediterránea está presente no nordés de Xirona. Ocupa a illa de Menorca.