
O sapo raxado ou sapo pinto (Discoglossus galganoi) é unha especie de Ranidae que vive na Península Ibérica. Atópase ameazada de extinción pola perda do seu hábitat natural.
Sapo de pequeno tamaño de 45 a 75 mm, de cabeza achatada, case tan longa como ancha, e fociño obtusamente afiado. De pel lisa ou con pequenas granulacións de cor moi variable, dende tonalidades pardas, rosáceas, verdosas ou case negras.
Endemismo ibérico, a súa área de distribución comprende Portugal e a metade occidental da España peninsular. En España, está presente en toda Galicia, e esténdese polo leste por Asturias e a maior parte da cornixa cantábrica, polo norte e oeste de Castela e León, zonas de Ávila, Estremadura, suroeste da Comunidade de Madrid e serra de Guadarrama, a maior parte da provincia de Toledo e Cidade Real e Andalucía occidental até o val do Guadalquivir.
Acceder - Rexistrarse


