Avelaíña repandaria
Nome científico:
Epione repandaria (Hufnagel, 1767)
NOME ESPAÑOL:
Polilla repandaria
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Bosques
Brañas
Infértiles
CORES:
Amarelo, laranxa, marrón, gris.
NÚMERO DE PATAS:
6
NOMES NOUTROS IDIOMAS:
Inglés: bordered beauty.
HÁBITAT:
Bosques húmidos, pantanos e outros lugares encharcados.
DISTRIBUCIÓN:
Esta especie podemos atopala no reino paleártico, desde Europa occidental ata Escandinavia no norte, o Mediterráneo no sur, e cara ao leste ata o Cáucaso, Rusia, Extremo Oriente ruso, Siberia e Amur.
ALIMENTACIÓN:
As larvas aliméntanse de salgueiros (Salix).
COSTUMES
Voa nunha xeración de xullo a setembro. Séntense atraídas pola luz.
REPRODUCIÓN:
A especie hiberna no ovo e as larvas nacen en maio.