
especie de morcego da familia Vespertilionidae
O morcego das hortas (Eptesicus serotinus) é unha especie de morcego da familia Vespertilionidae.
Morcego de talle grande e pelo monocor co lombo pardo escuro e o bandullo máis claro, os máis novos son de cor agrisada. Orellas triangulares e curtas, as membranas das ás insérense na base dos pés. As femias son maiores cós machos, teñen unha medida de corpo entre 46 e 55 mm e un peso entre 17 e 28 gramos. A súa fórmula dentaria é 2.1.1.3 3.1.2.3 {\displaystyle {\frac {2.1.1.3}{3.1.2.3}}} .