Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
  
 Acceder  -  Rexistrarse  
ENLACES:
Da Wikipedia

A tartaruga carei ou tartaruga mariña carei (Eretmochelys imbricata) é unha especie de tartaruga mariña da familia dos quelónidos, que se encontra en perigo crítico de extinción. É a única especie do xénero Eretmochelys. Existen dúas subespecies, Eretmochelys imbricata imbricata que se pode encontrar no océano Atlántico e Eretmochelys imbricata bissa, localizada na rexión indo-pacífica. É unha das especies de tartarugas mariñas que visita as costas galegas (ver Lista de réptiles de Galicia).

O seu aspecto é similar ao doutras tartarugas mariñas. Ten un corpo plano, unha coiraza ou cuncha protectora, e as súas extremidades en forma de aletas están adaptadas para nadar en mar aberto. Distínguese doadamente doutras tartarugas mariñas polo seu peteiro bicudo e curvado cunha prominente mandíbula superior (tomium) e polas beiras en forma de serra da súa coiraza. Aínda que a tartaruga pasa parte da súa vida en mar aberto, atópase máis frecuentemente en lagoas costeiras de pouco fondo e arrecifes de coral, onde encontra facilmente as súas presas preferidas, as esponxas de mar. Algunhas das esponxas das que se alimenta son altamente tóxicas e letais para outros organismos polo seu alto contido de óxido de silicio, o que converte á tartaruga carei nun dos poucos animais que poden alimentarse de organismos silíceos. Tamén se alimentan doutros invertebrados, como ctenóforos e medusas.

A causa das prácticas de pesca humanas, as poboacións desta especie en todo o mundo están en serio perigo, polo que foi clasificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza como especie en perigo crítico de extinción. Varios países, como a China e o Xapón, cazáronas pola súa carne, considerada un manxar. A cuncha destas tartarugas e o material que as forma (tamén chamado carei, que tamén se obtén doutras tartarugas) foi empregado para a fabricación de obxectos decorativos. Segundo o Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies de Fauna e Flora Salvaxe Ameazadas (CITES), a captura e o comercio destas tartarugas e os seus produtos derivados son ilegais en moitas nacións.

Texto extraído de «Tartaruga carei», Wikipedia, a enciclopedia libre (artigo; consulta 2026-10-18). Licenza CC BY-SA 4.0.

CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA