DESCRICIÓN:
Ethmia bipunctella é unha bolboreta diúrna pertencente á familia Depressariidae. Ten unha envergadura de ás que varía de 19 a 28 milímetros. A á anterior é case negra pola parte dianteira da costa, co marxe da parte interior de forma irregular. Destacan dous puntos negros en cada á sobre un fondo branco.
DISTRIBUCIÓN:
Atópase en: Centro e Sur de Europa, Norte de África, Asia e a parte nordeste de América do Norte.
ALIMENTACIÓN:
As larvas aliméntanse de Echium vulgare, Anchusa officinalis e plantas do xénero Symphytum.
COSTUMES
É bivoltina, isto é, ten dúas xeracións por ano. Obsérvase unha primeira xeración adiantada (febreiro-abril) con larvas en maio-xuño, e unha segunda xeración tardía (setembro-novembro) con larvas en outubro-novembro. A especie mostra unha relativa ausencia durante os meses estivais, posiblemente relacionada co secado das súas plantas nutricias, as borraxináceas, durante a época seca.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: