Avelaíña xaspeada
Nome científico:
Eublema purpurina ( Denis y Schiffermüller , 1775)
NOME ESPAÑOL:
Polilla jaspeada
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Pastos
Brañas
Infértiles
Dunas
CORES:
Amarelo, violeta.
NÚMERO DE PATAS:
6
NOMES NOUTROS IDIOMAS:
Inglés: beautiful marbled.
DESCRICIÓN:
É un lepidóptero cunha envergadura de ás de 20 a 26 mm. A cor xeral é branquexada e amarelenta, co tercio basal das ás anteriores de cor amarela e o resto de cor púrpura, con máis intensidade ao longo das veas, a cor do extremo distal da á é máis débil. As ás posteriores son pardo agrisadas, máis escuras ao longo das veas.
HÁBITAT:
Habita en pradeiras secas, áreas de estepa, terreos ruderais, beiras de ríos con chan aberto e lugares similares con cardos.
DISTRIBUCIÓN:
Esta especie atópase desde o norte de África a través da Península Ibérica e o sur de Francia ata o leste de Romanía, o sur de Rusia, o sur de Turquía e o oeste de Asia central. No norte esténdese ata Valais, no leste de Austria e Hungría e pola República Checa.
ALIMENTACIÓN:
As larvas aliméntanse de cardo rastreiro (Cirsium arvense), cardo (Carduus) e tamén, segundo a literatura, de cardo esferado (Echinops), da familia Asteraceae.
COSTUMES
Os adultos voan de maio a xuño e de agosto a setembro en dúas xeracións.