Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Aves
HÁBITATS:
Montes
CORES: Marrón, branco, gris, negro.
NÚMERO DE PATAS: 2
O voitre leonado é unha especie de ave accipitriforme da familia Accipitridae. Ten un peso de ata 10 kg e unha envergadura de máis de 2,5 m. As plumas son de cor ocre ou canela na maior parte do corpo, pero as plumas da cola e das ás son de cor marrón escuro ou negras. O pico é pardo grisáceo e os tarsos e dedos son grises e grandes. O pescozo está rodeado por filoplumas brancas a modo de colar.
Habitan en zonas montañosas e cantís.
Os voitres leonados poden verse en Europa (España, Portugal, Francia, Italia, Balcáns) e tamén en partes de África septentrional e Asia occidental.
As carroñas deixadas polos pastores constitúen unha parte importante da súa dieta. Ten unha visión aguda para localizar cadáveres nas súas cercanías e pode introducir a cabeza e o pescozo nos cadáveres sen problema grazas ao plumón corto.
É unha ave planadora que aproveita as correntes de aire quente para elevarse. Forma grandes grupos cando hai un cadáver dispoñible.
Os voitres leonados reprodúcense entre os meses de decembro e abril. Cada parella incuba un único ovo durante uns 58 días e fan quendas para coidar do polo. A cría realiza o seu primeiro voo ao redor do mes de xullo e independízase do niño aos catro ou cinco anos de idade.
Esta especie está protexida en varios países. En España está catalogada como "de interese especial" e está protexida por varias directivas e convenios internacionais.
O voitre leonado forma parte importante da cultura celtíbera e está asociado á deidade solar "Lug".