DESCRICIÓN:
Tamaño do corpo: ata 20 mm - 30 mm.
Tamaño das patas: ata 25 mm.
Peso: ata 75 g.
Velocidade: 0.6 m/s
O aspecto da araña lobo é do máis intimidante. É unha das araña máis grandes de Galicia e non é raro vela nos garaxes e faiados das nosas casas.
É un aránido que debe o seu nome á súa forma de capturar as presas. Escóndese en ocos, buratos ou parapetos naturais e axexa ás vítimas que se crucen pola súa trampa. Unha vez o obxectivo está cerca, a araña lobo salta encima da súa presa e inxéctalle o seu veleno. Detectan as vítimas polas vibracións dos seus movementos.
Non fabrican rede para cazar presas.
É coñecida como tarántula europea, ainda que non alcanza o tamaño das tropicais nin é do mesmo xénero.
HÁBITAT:
En zonas abrigadas e húmidas. Pódese adaptar ben na urbe.
DISTRIBUCIÓN:
É unha habitual de Galicia. Nas casas é frecuente atopalas nas acumulacións de madeira (leña) axexando ás presas.
ALIMENTACIÓN:
Alimentación carnívora. Caza outros insectos ou incluso exemplares máis grandes, como pequenos roedores.
REPRODUCIÓN:
Os machos cortexan as femias con movementos rítmicos das patas e dos pedipalpos.
As femias fabrican para os ovos un saco que levarán na parte inferior do abdome.
OUTROS DETALLES:
O seu veleno pode ser perigoso para os humanos que sufran unha reacción alérxica. Normalmente a súa picadura non representa perigo, é como unha picadura de velutina.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: