Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Esta especie ten a cabeza e as antenas negras, con ollos que reflicten tonalidades avermelladas. O pronoto é vermello con dúas grandes manchas negras na parte posterior, separadas por unha rexión máis ou menos estreita. O escudete é negro. Os hemiélitros son de cor vermella con dúas grandes manchas negras, unha en cada hemiélitro. Ademais, hai outras dúas pequenas manchas negras no clavus, unha en cada lado, que tocan o vértice do escudete. As membranas son negras con varias manchas brancas, incluíndo unha mancha grande no centro, outra en forma de campá no extremo posterior, outra pequena e irregular no extremo anterior da membrana e outras moi pequenas que poden ou non estar presentes, tocando o corium. O conexivo é vermello, con áreas de cor canela e pequenas zonas escuras.
Estes percebexos pasan o inverno agochados na zona baixa da casca das árbores, incluso dos eucaliptos.