Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Trátase dunha ave de tamaño medio, con 19 cm de lonxitude aproximada e 50 gramos de peso. Os machos posúen un ventre branco, dorso escuro, ás negras con manchas brancas e unha mitra branca. Teñen unha máscara negra sobre os ollos coa caluga avermellada. As femias teñen tons pardos e o ventre claro moteado. Os xuvenís son máis parecidos ás femias sen importar o xénero.
Podemos encontralo en zonas abertas con pequenas zonas arbustivas e poucas árbores. Adoita ocupar chairas ou pequenos outeiros.
É un ave migratoria de longas distancias con áreas de cría na conca mediterránea, así como nos territorios entre Turquía e o Mar Caspio. Durante a primavera aparece en case toda España, anque a súa presenza é escasa nas zonas húmidas da Península Ibérica como no caso de Galicia. Inverna na África subsahariana.
Aliméntase especialmente de insectos grandes como saltóns, escaravellos, cigarras e grilos. Tamén de eirugas, bolboretas e chinches. En tempos de escaseza pode consumir caracois, arañas ou cempés. As substancias tóxicas ,que normalmente repelen a outras aves, non o conseguen co picanzo, que caza himenópteros como abesouros, aos que lles retira o aguillón antes de comelos. Excepcionalmente pode consumir froitos.
Cría en zonas de arbustos densos e pequenas árbores. Constrúe un niño en forma de cunca semiesférica con herbas entrelazadas.
Unha das curiosidades desta ave é a súa forma de empalar as súas presas (especialmente insectos) en espiñas de arbustos ou de arames, moitas veces incluso vivas, como forma de atraer outros individuos e tamén para almacenar o alimento.