
A lebre de piornal, ou lebre de Castroviejo (Lepus castroviejoi) é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos pertencente ao xénero Lepus, encadrada no subxénero Eulagos.
É endémica da Galicia oriental, o sur de Asturias e os montes de León, en España.
A especie foi mencionada por primeira vez polo biólogo galego Javier Castroviejo no ano 1970, que a identificou como Lepus capensis, de acordo cos criterios taxonómicos existentes nesa data, sendo reclasificada co nome actual en 1977 polo enxeñeiro de montes e biólogo, investigador do CSIC no Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid Fernando Palacios Arribas, no seu traballo "Descripción de una nueva especie de liebre (Lepus castroviejoi) endémica de la cordillera Cantábrica. Doñana Acta Vertebrata 3: 205-222.