Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
  
 Acceder  -  Rexistrarse  
ENLACES:
Da Wikipedia
O rato doméstico ou rato caseiro é unha especie de roedor miomorfo da familia Muridae. É a especie máis frecuente de rato. Crese que é a segunda especie de mamíferos con maior número de individuos, despois de Homo sapiens. Habita sempre preto do home, co que mantén unha relación de comensalismo. O rato de laboratorio pertence a esta especie, polo que é tamén o mamífero máis utilizado en experimentos de laboratorio como organismo modelo e existen multitude de variantes transxénicas que simulan doenzas xenéticas humanas. Está incluído na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

especie de roedor, a máis frecuente de rato

O rato doméstico ou rato caseiro (Mus musculus) é unha especie de roedor miomorfo da familia Muridae. É a especie máis frecuente de rato. Crese que é a segunda especie de mamíferos con maior número de individuos, despois de Homo sapiens. Habita sempre preto do home, co que mantén unha relación de comensalismo. O rato de laboratorio pertence a esta especie, polo que é tamén o mamífero máis utilizado en experimentos de laboratorio como organismo modelo e existen multitude de variantes transxénicas que simulan doenzas xenéticas humanas. Está incluído na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Os ratos domésticos adultos pesan entre 12 e 40 gramos, e miden entre 15 e 19 centímetros, incluíndo o rabo, que supón algo máis da metade da súa lonxitude. A súa pelaxe é curta e de tons grises, que se aclaran no ventre. Os ratos de laboratorio e os utilizados como mascotas son xeralmente brancos e menos frecuentemente marróns. O seu pelo é escaso no rabo e as orellas. Posúe uns longos bigotes (vibrisas) que son sensibles ao tacto e proporciónanlle información sobre o medio. Como a súa vista é moi feble o rato só identifica os obxectos desde moi preto. O seu olfacto está moi desenvolvido, e axúdao a encontrar os alimentos e os demais ratos. O seu oído está tamén desenvolvido, o rato oe ata os sons de 100 kHz (80 kHz máis que as persoas). Tamén empregan o órgano vomeronasal para detectar feromonas e compostos non volátiles a través do olfacto. Tanto os adultos coma as crías emiten sons de frecuencias comprendidas entre 50 e 150 kHz para a comunicación socio-sexual. A duración da xestación é duns 18 días, dando lugar a camadas de entre 6 e 12 crías. A duración do ciclo estral da femia é de arredor de 4 días.

Texto extraído de «Rato doméstico», Wikipedia, a enciclopedia libre (artigo; consulta 2025-12-07). Licenza CC BY-SA 4.0.

REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
Ruta polas marismas da Xunqueira de Alba
Brañas Acuático doce Acuático salgado
Miradoiro, Parque infantil, Área recreativa, Marismas, Xunqueiras, Observar aves.
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA:
CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA