O morcego #rateador bigotudo pequeno (Myotis alcathoe) é unha especie de quiróptero da familia Vespertilionidae. Esta especie foi descrita recentemente e é pouco coñecida. A fórmula dentaria de M. alcathoe é 2.1.3.3 3.1.3.3 {\displaystyle {\frac {2.1.3.3}{3.1.3.3}}}
M. alcathoe é o máis pequeno entre os morcegos bigotudos de Europa e utiliza as frecuencias nas súas chamadas de ecolocalización máis altas de todas as especies europeas pertencentes ao seu xénero. Prefire cazar en vales pequenos con árbores de folla caduca próximos a cursos de auga. Os antigos rexistros de Grecia e Hungría indican unha distribución importante no sueste de Europa. As frecuencias utilizadas polo M. alcathoe para a ecolocalización varían entre 34-102 kHz, chegando ao pico de enerxía en 53 kHz e cunha duración media de 3.0 ms.
Acceder - Rexistrarse


