Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Réptiles
HÁBITATS:
Bosques Pastos Brañas Acuático doce
CORES: verde, marrón, negro, branco.
NÚMERO DE PATAS: 0
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: Collared water snake. Francés: Couleuvre à collier. Catalán: Serp d aigua de collaret. Euskera: Gurdi erdian duen sugea
A cobra de colar é unha culebra grande e robusta que pode alcanzar ata 125 cm de lonxitude total, aínda que normalmente non supera os 100 cm. Ten a cabeza moi diferenciada do corpo, moi ancha e con grandes escamas na parte superior. As súas pupilas son redondas e o iris presenta un característico ton vermello alaranxado. A cauda é curta e as escamas presentan un abultamento lonxitudinal na súa zona media, semellante á quilla dun barco (escamas aquilladas). A coloración é de tons verdes, ás veces con pequenas manchas negras dispostas regularmente polo corpo. Na parte posterior da cabeza e no pescozo aparece un característico colar de tons negros e brancos, que adoita perderse coa idade e que dá nome á especie. O ventre é branco azulado, con manchas escuras que forman un patrón xadrezado.
É unha especie de hábitos acuáticos, aínda que menos dependente da auga que a culebra viperina. Prefire as proximidades de zonas húmidas e cursos de auga, como pastizais, claros de bosque en ladeiras sombrías, áreas contiguas a pozas, lagoas, ríos e regachos. Un factor clave para a súa presenza é a abundancia de peixes e, sobre todo, anfibios, que constitúen as súas principais presas.
Distribúese pola Península Ibérica e pola parte occidental de Francia, así como polo noroeste de África.
A súa dieta base está composta de anfibios, aínda que tamén captura insectos e pequenos peixes.
Ten hábitos discretos, activa tanto polo día como pola noite. Captura as súas presas máis en terra que na auga. Os exemplares noviños adoitan ser máis acuáticos que os adultos, que se distancian máis da auga. Ás veces hibernan en grupos. Cando se sente ameazada, a cobra de colar expulsa unha secreción cheirenta pola cloaca como medio de defensa.
O período de celo da cobra de colar comeza entre marzo e abril e esténdese ata maio ou xuño. As postas, que conteñen de 12 a 30 ovos, ocorren entre xuño e xullo. Ás veces, distintas femias utilizan o mesmo niño, agrupando as súas postas. As pequenas culebras acabadas de nacer aparecen entre agosto e setembro e adoitan medir de 14 a 15 cm de lonxitude.
Non é velenosa, carece de dentes para inocular veleno, polo que non representa perigo para os humanos.
Atópase incluída no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. A desaparición dos puntos de auga, a alteración do seu hábitat, o declive das súas presas e as mortes por persecución directa son os principais factores de ameaza.
Unha das súas estratexias defensivas é a tanatose, onde finxe estar morta para evitar ser cazada. Xira parcialmente sobre o seu ventre, formando varios aneis co corpo nun estado moi frouxo, deixando a boca entreaberta e a lingua fóra. Incluso pode sangrar un pouco pola boca para parecer máis realista. Deste xeito, fai crer aos seus depredadores que non merece a pena como presa, xa que moitos evitan alimentarse de carroña.