Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
  
 Acceder  -  Rexistrarse  
ENLACES:
Da Wikipedia

A cobra viperina (Natrix maura) ou cobra de auga viperina é unha especie de cobra da familia Colubridae. Debe o nome de 'cobra de auga' á súa grande afinidade polas zonas húmidas e a súa grande habilidade de nadar e mergullarse e o de 'viperina' á súa semellanza coas víboras, malia ser inofensiva.

É de tamaño medio, podendo alcanzar unha longura de ata 80 cm, aínda que non supera xeralmente os 50 cm. Caracterízase por presentar escamas moi carenadas no dorso. A súa coloración é moi variada, xeralmente olivácea ou castaña amarelada, mais tamén pode ser avermellada. Mostra ao longo da liña medio dorsal unha fila de manchas que nalgúns exemplares poden chegar a xuntarse ata dar forma a unha liña en zigzag.

Encóntrase en España, Portugal, Francia, Suíza, noroeste de Italia e o norte de África en Alxeria, Libia, Marrocos e Tunisia. Foi introducida tamén nas illas Baleares. Está habitualmente asociada a medios acuáticos dentro de prados ou bosques abertos, como ríos e lagoas, na auga ou nas súas proximidades.

Texto extraído de «Cobra viperina», Wikipedia, a enciclopedia libre (artigo; consulta 2026-02-04). Licenza CC BY-SA 4.0.

CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA