Traza do trevo
Nome científico:
Oncocera semirubella ( Scópoli , 1763)
NOME ESPAÑOL:
Polilla del trébol
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Montes
Pastos
Brañas
Infértiles
CORES:
Amarelo, marrón, vermello, rosa.
NÚMERO DE PATAS:
6
NOMES NOUTROS IDIOMAS:
Inglés: rosy-striped knot-horn
DESCRICIÓN:
Esta pequena bolboreta, de 17 a 29 mm de tamaño e cunha envergadura de ás de 26 a 30 mm, caracterízase polos seus palpos vigorosos que se proxectan cara adiante como cornos, e polos seus grandes ollos verdes.
As ás anteriores son rosadas na parte dianteira e amarelas na traseira, e ás veces mostran un fino reberete agrisado preto da marxe exterior. As ás posteriores son de cor gris uniforme.
As antenas son a metade de longas que as ás anteriores.
A eiruga é verde coa cabeza negra e con liñas escuras lonxitudinais.
HÁBITAT:
Aparece en pradeiras herbáceas e beiras de camiños solleiros e secos e zonas onde abunden a súas plantas nutricias.
DISTRIBUCIÓN:
Atópase en rexións europeas, incluída Galicia onde e común. Tamén no leste de Asia, en China, Xapón, Corea do Sur e Taiwán.
ALIMENTACIÓN:
As larvas aliméntanse de diversas plantas, entre elas os trevos (Lotus, Trifolium...), uñagata (Ononis) e lucernas (Medicago). Prefiren as flores ás follas e a fase de crisálide ten lugar na propia planta.
COSTUMES
Voa dende o anoitecer ao amencer e sente atracción pola luz e polo azucre. Móvese facilmente en prados curtos. A mariposa adulta voa nunha xeración entre finais de maio a setembro.