Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Aves
HÁBITATS:
Bosques Montes Pastos Brañas Infértiles Dunas
CORES: Marrón, gris, negro, vermello.
NÚMERO DE PATAS: 2
Paxaro pequeno de cor gris e tonos pardos. De media pesa uns 30 gramos e mide 14-16 cm de longo.
De peteiro curto e forte, especializado no consumo de gran. As patas, curtas, son de cor rosa.
Adaptado a toda clase de hábitats. É moi común e, se cadra, o máis coñecido de tódolos paxaros.
Come case calquera clase de semente, tanto as silvestres coma as de cultivo. Tamén se alimenta de pequenos insectos como saltamontes e grilos.
Na súa convivencia cos humanos é frecuente atopalos aproveitando os desperdicios ou o penso dos animais domésticos.
Adáptanse moi ben a todo tipo de hábitat, dende o campo á cidade. A súa intelixencia e curiosidade fanos achegarse a zonas habitadas con confianza.
Compónrtase de maneira agresiva con outras aves ou entre eles, sobre todo para roubar a comida.
Son sedentarios e gregarios.
De costumes monógamas, en cada período reproductivo poden facer ata 4 postas durante a primavera.
A parella, por turnos, protexe os ovos de calquera visitante de forma agresiva. Tardan 10 días en eclosionar.
Nalgúns lugares chegaron a desaparecer polo uso intensivo de velenos para paxaros (aldicarb, carborufrano, estrictinina) na agricultura intensiva.