Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
É unha avespa de cor negra coa maior parte das patas de cor laranxa, de ata 15 mm de lonxitude. Posúe unhas antenas longas e unhas patas traseiras máis grandes que as demais.
A femia desta especie ten un ovopositor recto e groso que nos permite diferenciala de especies similares.
É bastante común en zonas de vexetación abundante.
Moi común en toda Galicia. Pódese atopar na maior parte de Europa, Asia e norte de África.
As larvas aliméntanse do corpo do seu hóspede. Os adultos, principalmente de flores.
As diferentes especies de Pimpla son endoparasitoides (as larvas desenvólvense dentro do corpo do hóspede) e no caso da rufipes é habitual que poña os ovos (un por individuo) en especies de lepidópteros como Pieris brassicae, Lymantria dispar ou Lacanobia oleracea.
Chegado o momento de poñer os ovos a avespa negra buscará unha eiruga dunha das especies mencionadas e inoculará o seu veleno. Este é unha mestura de substancias citotóxicas, paralizantes e antibacterianas. Con el evita o desenvolvemento da eiruga e provocará a súa paralización ata que morra consumida pola larva.