Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
  
 Acceder  -  Rexistrarse  
ENLACES:

Da Wikipedia

A lagarta dos muros (Podarcis muralis) é unha especie de réptil escamoso da familia Lacertidae. É a lagarta máis amplamente distribuída en Europa, pero en Galicia é extremadamente escasa e moi localizada.

Distribúese por gran parte de Europa, desde o océano Atlántico ata o norte de Anatolia, e foi introducida nos Estados Unidos, onde se expande actualmente polas terras de Kentucky e Ohio. Na Península Ibérica está restrinxida á banda eurosiberiana (desde o límite entre Galicia e Asturias ata o Pireneo catalán), o Sistema Ibérico e o Sistema Central, sendo substituída nas terras baixas do sur pola Podarcis hispanica; en Italia e os Balcáns chega máis ao sur. Tamén existen poboaciones en illas e illotes do mar Cantábrico, Liguria e a costa atlántica francesa, entre elas as illas do Canal. A IUCN considera o seu status "pouco preocupante".

En canto ao seu status en Galicia e, malia a ser común en Asturias, practicamente non se atopa no noso territorio, e a súa presenza só se detectou en 1987 en As Nogais (Lugo), sen confirmarse posteriormente, pero en 2006 foi atopada nos Ancares na localidade de Piornedo. Por tanto, está entre os réptiles máis escasos de Galicia.

Texto extraído de «Lagarta dos muros», Wikipedia, a enciclopedia libre (artigo; consulta 2026-02-04). Licenza CC BY-SA 4.0.

CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA