Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Esta ave na súa etapa adulta posúe un tamaño de 15 a 17,5 cm e un peso de 25 a 35 gramos. Ten o dorso de cor parda con estrías escuras, o peito é gris e os laterais, marróns. Posúe un bico característico, fino e puntiagudo axeitado para a súa dieta.
Podemos atopala principalmente en zonas montañosas a partires do límite da vexetación arbórea, en terreos rochosos e abertos sen practicamente cobertura arbórea.
Presente en rexións montañosas do sur de Europa, de Asia Central e do norte de África. En Galicia é unha ave sedentaria moi escasa.
Insectos e pequenos invertebrados na primavera e no verán. Durante o inverno a súa dieta principal componse de sementes.
De dificil observación debido aos seus costumes discretos. Podemos observala polo chan en busca de alimento e en pequenos grupos fóra da época de cría.