Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Insectos
HÁBITATS:
Pastos Infértiles
CORES: Marrón, branco, gris.
NÚMERO DE PATAS: 6
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: Meal moth; Alemán: Mehlmotte. Portugués:: traça-da-farinha.
Pyralis farinalis, coñecida comunmente como traza da fariña, é unha especie de bolboreta cosmopolita pertencente á familia Pyralidae. En repouso, os adultos teñen a punta do abdome a 90° con respecto ao corpo. As súas ás superiores son coloridas, cunha envergadura de 18 a 30 mm.
Habita principalmente en silos e edificios de almacenamento de grans onde a humidade pode infiltrarse no gran. Tamén se atopa en hortas de amendoeiras entre detritos vexetais e en granxas avícolas entre esterco de galiña. Prefire ambientes húmidos e quentes.
Está presente en gran parte do mundo. En Galicia é moi habitual cerca das zonas habitadas.
As larvas aliméntanse principalmente de cereais e tamén doutros vexetais como as patacas. Comen tódalas as partes da planta do cereal, incluso a semente, o farelo, a casca e a palla.
Os adultos son principalmente crepusculares e nocturnos, atraídos polas fontes de luz artificial. Voan de xuño a agosto. As larvas tecen tubos de seda e partículas de comida que as protexen dos depredadores.
O ciclo de vida de Pyralis farinalis dura aproximadamente oito semanas, permitindo a produción de catro xeracións ao ano. Os ovos son elipsoides e eclosionan tras un período de incubación de nove días. Unha femia pode poñer un promedio de 235 ovos.
Considerada moitas veces unha praga, Pyralis farinalis pode causar danos significativos nos almacéns de grans.