Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
É unha especie de chinche de plantas sen olor da familia Rhopalidae, subfamilia Rhopalinae. Ten un tamaño de aproximadamente 7 milímetros e destaca polas súas ás anteriores membranosas e polo conexivo con bandas escuras e claras.
Acostuma vivir en vexetación baixa en áreas arbustivas e clareiros de bosques.
Atópase na maior parte de Europa, agás en Irlanda e no norte de Escandinavia.
Asóciase con moitas plantas, especialmente co hipérico (Hypericum).