DESCRICIÓN:
O canario doméstico (Serinus canaria domestica) é unha subespecie desenvolvida durante séculos de selección en cautividade a partir de exemplares do canario silvestre ou canario salvaxe (Serinus canaria), unha especie de ave da orde paseriforme, da familia dos frinxílidos, endémica das illas Canarias, Azores e Madeira.
A plumaxe do canario presenta unha ampla variedade de cores, resultado da intensa selección artificial levada a cabo por criadores ao longo dos séculos. Pódese atopar en tons de amarelo brillante, branco puro, crema pálido, pardo, ágata, dourado, vermello, negro, entre outros. Ademais, a combinación destas cores permite xerar unha multitude de padróns e matices.
A súa cabeza é pequena e redonda, con ollos vivos e brillantes. O bico, curto e cónico, adaptado para a súa alimentación baseada en sementes. As patas son curtas e de cor amarela ou rosada, segundo a raza do canario.
A postura do canario é moi elegante, con corpo compacto e cola arredondada. As súas dimensións varían segundo a raza, pero xeralmente manteñen un tamaño que rolda os 13 ou 14 centímetros. A forma e o tamaño do corpo tamén se relacionan coa súa función, sexa como canario de canto, de cor ou de forma.
ALIMENTACIÓN:
Aliméntase dunha mestura de sementes, especialmente alpiste e paínzo, así como herbas silvestres, verduras e froitas. Durante a reprodución, necesitan unha boa nutrición con suplementos específicos.
COSTUMES
O canario doméstico emite cantos mantendo o bico pechado e enchendo a gorxa dunha forma peculiar. Só o abre para efectuar tons metálicos. En cautividade, como animal de compañía, é apreciado pola beleza da súa plumaxe e pola calidade do seu canto.